|           Accesibilidade
 
Xunta de Galicia
     
 
Paso 2
Paso 3
Paso 4
Cobertura
  Rexistro  
       
      
   Conformidade a estándares e accesibilidade desta web


    Obxectivo.

     A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a
    necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, do 11 de xullo,
    de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adopten
    as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con
    discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes
    do 31 de decembro de 2005.

    En coherencia con este obxectivo, a Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades
    esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin,
    codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con
    eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

    Certificación.

    Como resultado do aliñamento coas recomendacións da W3C os elementos que constitúen o contido de toda a web
    (imaxes, texto, estruturas y ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de
    Accesibilidade para Contido Web do W3C.

    Ademais, todo o contido desta web está en formato XHTML, unha linguaxe de composición de hipertexto que é o estándar
    aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web. C

    Pautas de accesibilidade.

    Estas son algunhas das medidas concretas que se tomaron de cara a favorecer a accesibilidade da web e a súa
    conformidade coas Directrices de Accesibilidade do W3C:

     - Para a realización da web seguíronse os estándares do W3C.
    - As imaxes mostradas na web só contextualizan información textual polo que as mensaxes mostradas por si soas
      conteñen toda a información de interese.
    - Intentouse empregar unha linguaxe clara a sinxela en todas as mensaxes.
    - Os mecanismos de navegación empregados son sinxelos e facilmente visibles.
    - A web habilita alternativas de contido visual aos usuarios que presenten incompatibilidade con Javascript.

    Tecnoloxías asociadas á accesibilidade.

    Para poder visualizar todo o contido da web é preciso dispor de conexión a Internet e un conxunto de sistema operativo
    / navegador web compatible coas seguintes tecnoloxías: HTTP, XML, XSL, Javascript e Ajax. Igualmente, recomendase
    ter instalado o plugin de Google Earth para o navegador que se empregue. No tocante a Javascript, a incompatibilidade
    con esta tecnoloxía non deriva nunha merma nas funcionalidades básicas senón na imposibilidade de acceder a
    información complementaria.

    No tocante ao navegador web recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla
    Firefox, Netscape Navigator, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

    Limitacións á accesibilidade total do contido.

    A web de ReDe foi deseñada e implementada para garantir a súa funcionalidade (consultar a cobertura de banda larga
    dun núcleo e realizar unha demanda de servizo) nos sistemas operativos e navegadores web mais estendidos.

    Con todo, ReDe inclúe información visual de apoio que pode non ser accesible dende certos sistemas operativos e
    navegadores. En concreto a página web contextualiza xeograficamente información relacionada coa cobertura de banda
    ancha a través de Google Earth o cal require o uso de Javascript para a integración da API de Google Earth no servidor
    web. Aínda que existen algúns sistemas operativos e navegadores web que son incompatibles coa representación de dita
    información visual de apoio, os usuarios poderán seguir accedendo a todos os servizos que proporciona a web polo cal
    dita incompatibilidade non deriva nunha merma na funcionalidade do servizo da web.

    Fecha de última revisión.

    A derradeira revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal realizouse o 28 de xaneiro de 2011.

 
   
   
   
   
   
   
   
 
  Fondos Europeo De Desenvolvemento Rexional  
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia.
Suxerencias e queixas - Aviso Legal - Atendémoslle
Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds
 Pode subscribirse ás novidades
 desta web cun lector de feeds
 
 
iMit (Iniciativas de modernización e innovación Tecnoloóxica) Xunta de Galicia